Feiraco Unicla évos un leite enteiro (2,9% de graxa). E qué? Pois que ó alimentaren as vacas con herba e semente de liño acadan un 18% menos de graxa saturada e catro veces máis Omega 3, entroutros beneficios. E sen ter que engadir nada alleo ó propio leite!
Probamo-lo leite en Ningures e… sabe igual que o leite enteiro de sempre digamos “normal” (porque rima con “igual”).
Ademáis, a cooperativa galega Feiraco asegura que todo o seu leite se produce en Galiza. Mercar leite Feiraco é porén defende-la nosa economía, o noso xeito de vivirmos espallados en contacto ca natureza e a nosa paisaxe.




Comentarios