Hai pouco falei cunha persoa que traballa na Consellaría de Medio Rural. Xurdiu o tema do Leite Feiraco Unicla, e díxome que Leite Río tiña outro semellante: Leyma Natura.
Neste caso trátase dun leite pasteurizado (disque terán tamén unha versión UHT) de vacas mantidas únicamente con pastos. O resultado é un 20% menos de ácidos graxos saturados e o dobre de omega 3 que o leite habitual nas tendas. Haberá que probalo!
Nas fotos publicadas vese tamén Leyma Natura Desnatada! Se o beneficio deste leite está no seu perfil lipídico e lle saca-la graxa, ó final terás… un leite desnatado normal! Agás o feito de que a súa producción foi máis ecolóxica…
Por outra banda, mercando este leite, igual que o que sucede co da cooperativa Feiraco, asegurámonos de que procede de vacas criadas en Galiza.




Comentarios